En la playa. Na praia. On the beach. 在海滩. Sulla spiagga. на пляже. Sur la plage. على الشاطئ. Am strand.
The Beach Boys 20 Golden Greats (Capitol, 1976)
The MoodyBlues Sur la Mer (Polydor, 1988)
Firefall Undertow (Atlantic, 1979)
America Harbor (Warner, 1977)
Lied Ohne Worte
Aboia un esbardar de marusías
tentando os ceos sin atopar a Lúa.
Pero a Lúa esta noite
desertou dos almanaques.
Murcha entre dúas follas
-violedas pensamentos-
do manual póstumo
-outo madrigaes-
que versifiquéi eu.
Mansas vagas unánimes
reorgaízanse detrás do vento.
Cando pase a rafega derradeira
diranos adeus
co pano branco do gaf-tope.
Alude a un fracaso
de follas amarelas
e renóvase a sorrisa dos mastros
sempre cas ponlas novas e xoviaes.
Noiva miña
vestida de lúa
que romantizas
¡tan cursi!
polo xardín.
Senteime a proa
fumando a miña pipa.
Pero outra noite pensaréi en ti.
De catro a catro, libro composto a bordo, Atlántico-Mediterráneo, 1926/1927.
Manuel Antonio (Rianxo 1900-1930)